Friday 03 de May de 2024

Manuel López Rodríguez recibirá mañá o Premio de Poesía Concello Carral pola súa obra Nas pulsacións


O acto de entrega terá lugar na Casa da Cultura ás 19.00 horas. A maiores, Xurxo Alonso presentará En luz escrita, a obra gañadora da pasada edición.

A Casa da Cultura de Carral acollerá mañá, sábado 12 de setembro, o acto central do Premio de Poesía Concello de Carral. O evento, que arrincará ás 19.00 horas, e servirá para conceder o galardón da presente edición a Manuel López Rodríguez pola súa obra Nas pulsacións.

A maiores, o acto servirá para presentar En luz escrita, de Xurxo Alonso, o libro que obtivo o premio na pasada edición.

O acto contará coa presenza de membros do goberno local, do director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, de Miriam Ferradáns, como representante do xurado da vixente edición, e de Miguel Anxo Fernán Vello, como responsable de Edicións Espiral Maior.